DiverS@S

→ Dirixido a público infantil a partir de 3 anos.
→ Espectáculo de 50 minutos de duración.

DiverS@S e un conto teatralizado que contén moitos contos, un conto repleto de personaxes diferentes aos que lles custa atopar o seu lugar no mundo, un mundo cheo de obstáculos para quen non é como a maioría.

Trátase dunha adaptación de diversos contos, enfiados con delicadeza. DiverS@S é un conto que afonda, sobre todo, na diversidade e a igualdade, valores imprescindibles na complexa sociedade actual.

DiverS@S, de Bátega Teatro - Compañía teatral de Lugo

«É a diversidade o que dá sentido á humanidade»

Sinopse

Había unha vez un verme moi espilido pero sen nome, ao que un día lle medraron unhas fermosas ás de cores nas costas. Ese día descobríu que o seu nome era e sempre fora Bolboreta.

Bolboreta botou a voar na procura do seu lugar no mundo. Así, coñeceu á Cebra Carmela, a mellor das pallasas, mais ela non o sabía e soñaba con ser malabarista, ou a Leoa Leonarda que era vexetariana e tan tímida que a súa veciñanza do zoo no que vivía non gostaba dela.

Ninguén semellaba decatarse de que estes personaxes acabarían por convertirse en lendas.

Ficha Artística

Adaptación: Raquel López Cendán.

Narradora: Raquel López Cendán.