En Bátega Teatro levamos máis de dez anos sobre as táboas.
Actualmente, temos dúas obras en cartel: O Pano e DiverS@S
Sobre nós
Bátega Teatro é un proxecto multidisciplinar nado ao abeiro da Noite Poética (xuntanza mensual e aberta que se desenvolve desde 2010 no Centro Social Vagalume da cidade de Lugo).
A compañía presenta a súa primeira performance en 2015 en Vilamartín de Valdeorras: A fábrica e a tristura. Ao longo dos seus dez anos de existencia, explora diversos eidos escénicos e musicais na procura dunha fórmula que lle permita achegar ao público unha ampla paleta de emocións.
Outros espectáculos da compañía: A síntese (2016), A dúbida e a doutrina (2016) ou Amordazadas (2018)
En decembro de 2020 estréase no Valadouro O Mundo de Martiña, o que supón o seu comezo no teatro profesional.
En setembro de 2024 en Meira estréase O Pano.
En setembro de 2025 estréase DiverS@S na Biblioteca de Santa Cruz en Oleiros.
Sobre nós
Bátega teatro é un proxecto multidisciplinar nado ao abeiro da Noite Poética (xuntanza mensual e aberta que se desenvolve desde 2010 no Centro Social Vagalume da cidade de Lugo).
A compañía presenta a súa primeira performance en 2015 en Vilamartín de Valdeorras: A fábrica e a tristura. Ao longo dos seus dez anos de existencia, explora diversos eidos escénicos e musicais na procura dunha fórmula que lle permita achegar ao público unha ampla paleta de emocións.
Outros espectáculos da compañía: A síntese (2016), A dúbida e a doutrina (2016) ou Amordazadas (2018)
En decembro de 2020 estréase no Valadouro O Mundo de Martiña, o que supón o seu comezo no teatro profesional.
En setembro de 2024 en Meira estréase O Pano.
En setembro de 2025 estréase DiverS@S na Biblioteca de Santa Cruz en Oleiros.
«Un teatro implicado co seu tempo que aborda desigualdades, memoria e futuro a través de linguaxes escénicas contemporáneas e humanas»
«Pezas escénicas que conectan pensamento, emoción e acción, interpelando o público desde unha mirada crítica»