O Pano
→ Espectáculo dirixido a persoas a partir de 12 anos.
→ Espectáculo de 60 minutos de duración.
Montaxe multidisciplinar sobre a violencia machista. Trátase dunha peza dramática que contén monólogos, danza, música e poesía, co fin de que o impacto deste tema tan duro na mente dun potencial público adolescente sexa revelador e positivo.
Dispoñemos dunha unidade didáctica baseada no previo visionado de O Pano, elaborada por Esmeralda Quiroga (profesora de Lingua Castelá e Literatura do IES Val do Tea) que podería ser facilitada, se se nos solicitase.
Sinopse
Celia, nada en 1924, vivíu a crueza do patriarcado ao longo do século XX e Sau vive as consecuencias do seu enquistamento nun probable devir distópico en pleno corazón do século XXI. Dúas mulleres entre as que existe unha conexión atemporal.
Celia acaba de chegar ao limbo. Lembra o ensino da II República, o terror da Guerra Civil e a posguerra, escuro período no que coñece a Mario, un maltratador que lle deixa unha fonda cicatriz. Celia afronta esa dor desde unha heroicidade pouco convencional. Coa axuda de Soidade, a fraga, a súa horta e a forza de todas as súas devanceiras, reconstrúe a súa vida.
Sau 43 acaba de fuxir por unha fendedura temporal. No ano 2040 todas as persoas levan un microchip desde a secura do 29, todas as mulleres e boa parte dos homes foron xulgadas públicamente e a agresividade medra cada día. Ou mudamos o presente ou non temos futuro.
Ficha Artística
Dirección: Raquel López Cendán
Interpretación: Raquel López Cendán e Ero Vázquez Cabrera
Escenografía: Ero Vázquez Cabrera e Isabel G. Coldeira
Deseño de luces: Ero Vázquez Cabrera
Deseño de música e son: Ero Vázquez Cabrera e Raquel López Cendán
Dramaturxia: Raquel López Cendán